NÓS, A FEDERACIÓN


Un anaco da nosa andadura

HISTORIA

Loitando polo rugby galego dende 1983.



A Federación Galega de Rugby é un organismo que se crea 1.983. O seu propósito é o de unir aos diferentes clubs que ata ese momento disputaban a Liga Universitaria auspiciada pola Universidade de Santiago de Compostela, así como aos diferentes equipos que se enfrontaban en partidos amistosos pola xeografía galega.


A promoción deste deporte e a organización de campionatos de todas as categorías, a demais doutros eventos, é unha mostra da concienciación existente para a proxección do deporte do rugby. Cada vez existen máis afeccionados a esta modalidade e, na propia Federación Galega de Rugby contamos con máis de 1471 fichas federadas 92 adestradores, 68 delegados e 23 árbitros.


Nos máis de 30 anos de vida desta Federación, conseguíronse obxectivos tales como a creación de ligas federadas en todas as categorías, o fomento do noso deporte entre os máis pequenos, a participación das nosas seleccións nos campionatos estatais, etc., así como a participación de varios dos nosos equipos, desde os primeiros anos, en ligas de categoría superior.

NO RUGBY NON HAI RIVAIS NIN ADVERSARIOS SO AMIGOS CON OUTRA CAMISETA


O terceiro tempo, a mellor parte dun partido de rugby

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más