ESTREAMOS NOVA WEB

Desde a Federación Galega de Rugby estamos moi orgullosos de poder presentarvos un novo espazo onde poder gozar de toda a actualidade do rugby galego.  Para iso, estreamos unha nova web máis atractiva, intuitiva e cun contido que se irá actualizando periodicamente.



Na nova web, poderase atopar facilmente toda a información relativa á Federación, como son as resolucións do comité de competición, as resolucións do comité de apelación, regulamentos, circulares, documentación, etc. Ademais poderanse consultar os resultados de todos os partidos, as clasificacións e os calendarios.



E por suposto, tamén queremos renovarnos e estar presentes onde están os afeccionados a este fantástico deporte. Para iso, ademais de seguir traballando na páxina web, tamén estaremos nas principais redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) compartindo noticias, imaxes, documentos, vídeos e demais contido multimedia con todas as persoas interesadas no rugby galego.


Esperamos, de corazón, que vos guste moito todo o que estamos a facer para mellorar a comunicación desde a Federación Galega de Rugby.


Podedes seguir toda a nosa actualidade tamén en:


https://www.facebook.com/FederacionGalegaRugby/

https://www.instagram.com/fegarugby/

https://twitter.com/RugbyGalicia

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más