PRESENTACIÓN OFICIAL DOS LOGOS DAS LIGAS GALEGAS DE RUGBY

Fai pouco presentáronse catro logos oficiais das Ligas Galegas de Rugby. O primeiro é o xeral, é o que se vai a utilizar para incluír nas camisetas oficiais de todos os equipos participantes en competicións oficiais da Federación Galega de Rugby. A súa colocación ira sendo progresiva, desde esta tempada ata a 2019/2020.



Os outros tres logos son específicos de cada unha das divisións oficiais de competición, pero serán para uso en clasificacións, información xeral e deportiva na web, as redes sociais, os medios, etc.


A Federación Galega de Rugby segue traballando en mellorar e incrementar o seu valor de marca en mercado. Este é un paso máis dos que se programaron e estanse programando esperando que sexa do gusto de todos.

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más