FEDERACIÓNGALEGA
DERUGBY
NÓS, A FEDERACIÓN
Un anaco da nosa andadura
HISTORIA
Loitando polo rugby galego dende 1983.
A Federación Galega de Rugby é un organismo que se crea 1.983. O seu propósito é o de unir aos diferentes clubs que ata ese momento disputaban a Liga Universitaria auspiciada pola Universidade de Santiago de Compostela, así como aos diferentes equipos que se enfrontaban en partidos amistosos pola xeografía galega.
A promoción deste deporte e a organización de campionatos de todas as categorías, a demais doutros eventos, é unha mostra da concienciación existente para a proxección do deporte do rugby. Cada vez existen máis afeccionados a esta modalidade e, na propia Federación Galega de Rugby contamos con máis de 1471 fichas federadas 92 adestradores, 68 delegados e 23 árbitros.
Nos máis de 30 anos de vida desta Federación, conseguíronse obxectivos tales como a creación de ligas federadas en todas as categorías, o fomento do noso deporte entre os máis pequenos, a participación das nosas seleccións nos campionatos estatais, etc., así como a participación de varios dos nosos equipos, desde os primeiros anos, en ligas de categoría superior.
NO RUGBY NON HAI RIVAIS NIN ADVERSARIOS SO AMIGOS CON OUTRA CAMISETA
O terceiro tempo, a mellor parte dun partido de rugby