A Coruña acolle o ‘Grand Prix Series 7s Copa de la Reina’ de rugby o 19 e 20 de xuño



O mellor do rugby feminino español darase cita os vindeiros 19 e 20 de xuño no Estadio de Elviña en A Coruña.
Organizada pola Federación Galega de Rugby e a Federación Española de Rugby, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de A Coruña, a primeira serie do Grand Prix Series 7s Copa de la Reina de rugby reunirá na capital herculina aos 12 mellores clubes de rugby feminino do ámbito nacional.


Os equipos participantes son (por grupos): 


De xeito pararelo, o estadio de Acea da Ma en Culleredo acollerá o Challenge 7s Copa de la Reina de rugby, competición que coroará ao equipo campeón da segunda categoría, o cal ascenderá á Copa de la Reina da tempada seguinte. 


Os equipos participantes nesta categoría son: Jabatos Móstoles Rugby Club, Pingüinas Rugby Burgos, C.P. Les Abelles, Getxo Rugby, Club Deportivo Arquitectura, Shamrock Rubgy Club e Valladolid Rugby Asociación Club.


Ambas competicións celébranse no marco do programa Xoga no Camiño que ten por obxectivo promocionar o Ano Xacobeo e o Camiño Inglés que percorren a diario centos de peregrinos que se dirixen a Santiago.  

As localidades veciñas de Cabanas, Miño, Paderne, Abegondo e Mesía, polas que tamén transcorre o Camiño Inglés, serán escenario do evento Xoga ao Rugby no Camiño Inglés os vindeiros 14 e 15 de xuño.

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más