A FGR ‘Xoga ao Rugby no Camiño Inglés’ en Mesía, Abegondo, Paderne, Miño e Cabanas



A Federación Galega de Rugby quere facer chegar o rugby a todos os rincóns de Galicia.


No marco do programa Xoga ao Rugby no Camiño Inglés, os días 14 e 15 de xuño estaremos en 5 localidades galegas para compartir experiencias sobre este deporte. 


Localidades e horarios:

  • Luns 14 de xuño:

        - Mesía: de 15:00 a 17:00 h no Albergue de Bruma

        - Abegondo: 17:30 a 19:30 h no Polideportivo Municipal (Polideportivo San Marcos)

        - Paderne: de 20:00 a 22:00 h na Praza Fernando Sueiro (Montecelo, Viñas)


  • Martes 15 de xuño:

        - Mesía: de 15:00 a 17:00 h no Albergue de Bruma

        - Miño: de 18:00 a 20:00 h na Casa do Concello

        - Cabanas: de 20:00 a 22:00 h no Parque do Areal


Galegos e estranxeiros, grandes e pequenos, homes e mulleres, agardámosvos a todos para pasar un bo momento conversando sobre o rugby e os seus valores, das características e manexo da pelota oval e da conexión entre deporte e turismo.


Este evento celébrase no marco do programa Xoga no Camiño que ten por obxectivo promocionar o Ano Xacobeo e o Camiño Inglés que percorren a diario centos de peregrinos que se dirixen a Santiago.


A conexión que gardan as 5 localidades seleccionadas é que por todas elas transcorre o Camiño Inglés que siguen os peregrinos que chegan por mar aos portos de A Coruña ou Ferrol e continúan a ruta por terra ata chegar a Santiago.


Para máis información:

- Mesía Xoga ao Rugby no Camiño Inglés

- Abegondo Xoga ao Rugby no Camiño Inglés

- Paderne Xoga ao Rugby no Camiño Inglés

- Miño Xoga ao Rugby no Camiño Inglés

- Cabanas Xoga ao Rugby no Camiño Inglés


Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más