DEINDE A NOVA MARCA DA SELECCIÓN GALEGA DE RUGBY

O pasado día nove de setembro, no Pazo de Feiras e congresos de Lugo, asinouse un acordo coa marca Deinde, especialistas en material deportivo orientado ao rugby.



Deinde destaca por atender as necesidades de entidades involucradas no sector deportivo, ofrecendo produtos e servizos de calidade, utilizando as distintas ferramentas que lles ofrece a tecnoloxía e respectando o medioambiente. 


Desde a Federación Galega de Rugby estamos seguros de que van realizar un gran traballo e que o van a dar todo, porque, como di o seu lema: O éxito é un 1% inspiración e un 99% transpiración.

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más