FEDERACIÓNGALEGA
DERUGBY
FEDERACIÓNGALEGA
DERUGBY
Lembramos a todos os clubes que o único protocolo oficial para a volta á actividade é o aprobado pola autoridade competente na materia no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, elaborado conxuntamente coa Federación Galega de Rugby e que está a disposición de todo o mundo nesta páxina web.
Lembramos tamén que o seguro federativo vencerá en data 31 de xullo, e sendo conscientes da situación que esixe a máxima das prudencias ante o escenario cambiante no que nos atopamos, as negociacións para a sinatura da renovación coa aseguradora pospoñeranse ata o 1 de setembro.
As actividades que realicen os clubes fóra do protocolo oficial e en datas sen cobertura do seguro serán baixo a súa responsabilidade.