De acordo co previsto no Regulamento Electoral, aprobado o 5 de abril de 2022 pola Asemblea Xeral Extraordinaria, e revisado e confirmado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data 31 de maio de 2022, o Sr. Presidente da Federación Galega de Rugby convoca eleccións, con data 3 de xuño de 2022, á Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da F. G. R..
O acto de votación para a elección da Asemblea Xeral realizarase o 25 de setembro de 2022, de 10:00 a 14:00 horas. Conforme ao artigo 9 do Regulamento Electoral, constituiranse dúas mesas electorais para a elección dos membros da asemblea. Os electores das provincias de Lugo e A Coruña deberán votar na sede federativa na Coruña sita na Avda. de Glasgow, nº 11, 15008. Os electores das provincias de Ourense e Pontevedra, faranno en Vilagarcía de Arousa, na Rúa Castelao, nº 13, 36210.
Os actos de votación para a elección de Presidente e membros da Comisión Delegada realizaranse o día 20 de novembro de 2022 de non haber recursos na Fase VI de Candidaturas á Presidencia do calendario electoral, ou o día 4 de decembro de 2022
se hai recursos na citada Fase VI do calendario electoral. Será ás 11:00 horas na sede federativa da Coruña, sita na Avda. de Glasgow.
Anéxanse a esta convocatoria os Censos Provisionais correspondentes aos diferentes estamentos, o Regulamento Electoral 2022, o Calendario Electoral 2022 e o modelo oficial de sobres e papeletas, os cales poden ser consultados nos taboleiros de
anuncios da sede da F. G. R. na Coruña, así como na páxina web da F.G.R. www.rugby.gal.
TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIONS PODEDES ATOPALA FACENDO “CLICK EIQUI”
A F.G.R. e a responsable da formación e da competición dos rugbiers en Galicia. Gestionando os cursos de formación de entrnadores, árbitros, … E fomentando o Instituto Galego do Rugby de recente creación